a fotografía 51
por MARÍA CANOSA
; Paula Mayor [ilustrador/a]
.
Tipo: 

Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
IES Plurilingüe San Rosendo | GA.LJ CAN fot | Dispoñible | LED002000015934 |
|
A descuberta da estrutura do ADN ten tanto valor que outorgou un premio Nobel a James Watson e Francis Crick por lograr o primeiro modelo correcto, a famosa dobre hélice. Porén, quen posibilitara a determinación da estrutura helicoidal fora Rosalind Franklin, a química que traballaba con cristalografía dos raios X. Esta técnica analiza a difracción ou dispersión dos cristais creando patróns sobre planos fotográficos que achegan estruturas moleculares tridimensionais. Así obtivo a denominada “Fotografía 51” determinante da estrutura da molécula do ADN. Mais en 1951 as mulleres eran consideradas de pouco valor. Non se lle permitía nin acceder á sala do café da Universidade, reservada aos homes. Tratábanas como a sombras, ocultaban o traballo que desenvolvían. Que pasaría coa autora da fotografía que propiciou un Nobel? Sería recoñecida?
1º-2º ESO