Villanueva Gesteira, Malores

Francisco Fernández del Riego : un loitador pola idea de Galicia - 1ª ed. - Vigo : Galaxia , 2022 - 250 p. : con fot. b/n. ; 19 cm. - Letras galegas .

Velaquí, con ese espírito, o retrato de quen queimou a vida na construción dunha Galicia dona de seu. Malores Villanueva achéganos nesta biografía, froito de horas de conversas, a vida e a obra de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado co Día das Letras Galegas de 2023, sesenta anos despois de que el mesmo propuxese á RAG o 17 de maio como data para esta festividade da cultura galega. Nacionalista de corazón e de razón, mantivo unha traxectoria firme, sen traizoar nunca os seus ideais. Membro do Partido Galeguista e do Seminario de Estudos Galegos, activista universitario, fundador de Editorial Galaxia, codirector da revista Grial, director da Fundación Penzol, presidente da Real Academia Galega, tradutor, editor e articulista incansable, son algunhas das innumerables facetas de quen se definía como “un optimista radical”.

3º-4º ESO 1º-2º BAC Formación Profesional

9788491519669


Fernandez del Riego, Francisco


Biografías--Francisco Fernández del Riego

929

Coa tecnoloxía Koha